SEMANA DAS CIENCIAS
Como todos os anos no colexio, na penúltima semana de novembro, celebramos
a Semana das Ciencias.
Este ano, os de primeiro e segundo da ESO realizamos unha excursión a unha
feria da chamada Galiciencia en Ourense.
En primeiro lugar, visitamos unha carpa onde uns nenos de ESO expoñían
experimentos realizados por eles. Os que máis me chamaron a atención foron:
-Unha nena que a partir de leite de vaca, ovella e cabra conseguía
plástico.
-Outra nena que comprobara que se nun exame
comías chicle te concentrabas mellor.
-Outros nenos fixéronnos unha ilusión óptica con dous botes do mesmo tamaño,
metíanos nunha caixa e ao mirar por un burato, un bote parecía moi pequeno e
outro moi grande.
En resumo os experimentos foron moi divertidos e asombrosos.
Despois, entramos nun edificio e dirixímonos unha sala chamada “Novas
tecnoloxías “. Alí un home ensinounos diferentes cousas: un “drone”, a invención
dos emoticonos e dos códigos de barras, como realizar (cun escáner e unha
impresora en 3D) o molde do teu corpo en 3D e moitas cousas máis.
A última das actividades a desenvolvemos nunha sala do mesmo edificio onde
outro home ensinounos a relación entre a ciencia e o son. Aquí observamos
inventos como unha pistola de aire, unha gaiola anti-ondas de radio, como
producir son cunha vara de metal...
Encantoume esta excursión porque, ademais de divertirme, aprendín moitas
cousas novas.
Lucía Jorge Cabaleiro 1 ESO
GALICIENCIA
O mércores ás
oito e vinte saímos cara Ourense, para visitar o evento científico tecnolóxico
chamado Galiciencia, con motivo do “dia das ciencias”. Nos fomos a ver
experimentos creados por nenos da ESO como por exemplo, un poste no que che preguntaban se o que
facían era maxia ou ciencia. Eles creaban a ilusión óptica de semellar liquido
cando en realidade o material era sólido. Este experimento foi o que máis me
chamou a atención, aínda que vin outros relacionados cun curioso submarino ou
con goma de mascar.
Outro posto
interesante era un que identificaba os compoñentes de calquera alimento ou bebida,
por exemplo as patatillas teñen moitas graxas de animais, moita sal e pouca
pataca. As bebidas isotónicas, como o aquarius, conteñen moitos azucres e
colorantes.
Os presentadores souberon captar moi ben a nosa atención a través de carteis
moi ben traballados. Gustaríame o ano que ven volver a asistir porque aprendín
moito.
YERAY MOLARES MARTÍNEZ 1º ESO
SEMANA DAS CIENCIAS POR IZZAN 1º ESO
A nosa semana
foi moi interesante. O que mais me gustou foi a saída que fixemos primeiro e
segundo da eso, o mercores 19 o edificio das Ciencias en Ourense. Nos saímos as
oito e media no autobús. Eu fun co meu compañeiro da clase Joel, e chegamos alá
as once e media. Pasámolo moi ben,
mentres esperamos para ver que facíamos, almorzamos algo.
O primeiro que
fixemos foi meternos nunha carpa a ver proxectos químicos. Estivemos nesa carpa
cinconta minutos. Mirando, o que mais me gustou foi un que facía máxia, pero
con procesos químicos. Nos non o sabíamos o que o fixo mais interesante. Un
truco foron levantar un rapaz con dous dedos e outro golpear o auga pero estaba
sólida.
Outros sitios
foron para unha conferencia e unha actividade. Na conferencia o mais divertido
foron unhas orellas de coello que cando as puñas movíanse segundo o humor. Na
actividade o que mais me gustou foi o bazuka de aire. Despois volvemos falando,
xogando e cantando no autobús. Foi moi divertido.
SEMANA DAS
CIENCIAS NO BOUZA BREY 2014/2015
Este ano na Semana das Ciencias non
fixemos ningún experimento pero fomos a Ourense a unha feira de Ciencia.
Chamábase Galiciencia. Chegamos alí sobre as nove e media da mañá e visitamos
tres salas:
• A sala da tecnoloxía: alí había un profe que nos
explicaba curiosidades sobre as novas tecnoloxías. Algúns compañeiros puideron
realizar actividades como facer un escáner, un emoticono...
• O salón de actos: alí xuntámonos con 4 colexios máis ou menos e un científico
explicounos cousas das ondas. Fixemos unhas actividades moi divertidas e
interesantes como lanzar ondas de aire, ver vibracións, ondas dun muelle,
probar helio, escoitar sons aínda que algúns non os escoitabamos...
• A sala da carpa: alí había moitos experimentos feitos por alumnos doutros
colexios. Había cousas moi interesantes e alucinantes.
Foi todo moi emocionante e espero poder
repetir a experiencia e algún día chegar a exponer o meu proxecto.
Lourdes
Pazo Formoso - 2º ESO
Semana das Ciencias
Este
ano na Semana das Ciencias, primeiro e segundo da ESO, fomos a Galiciencia
(Ourense) o 19 de Novembro.
Marchamos
cedo, sobre ás 8:30 e volvimos ás 14:30.
Alí,
primeiro fomos a unha sala, onde un profesor nos explicou o avance das
tecnoloxías.
Logo,
fomos a outra sala, onde outro profesor nos explicou que eran as ondas e como
se propagan, e tamén nos explicou de forma práctica como se propaga o son.
E por último, ao saír, había unha feria
tecnolóxica cos mellores inventos de toda Galicia.
Para
min foi un día único e unha experiencia impresionante.