REDACCIONES


SEMANA DAS CIENCIAS

 

Como todos os anos no colexio, na penúltima semana de novembro, celebramos a Semana das Ciencias.

Este ano, os de primeiro e segundo da ESO realizamos unha excursión a unha feria da chamada Galiciencia en Ourense.

En primeiro lugar, visitamos unha carpa onde uns nenos de ESO expoñían experimentos realizados por eles. Os que máis me chamaron a atención foron:

-Unha nena que a partir de leite de vaca, ovella e cabra conseguía plástico.

-Outra nena que comprobara que se nun exame  comías chicle te concentrabas mellor.

-Outros nenos fixéronnos unha ilusión óptica con dous botes do mesmo tamaño, metíanos nunha caixa e ao mirar por un burato, un bote parecía moi pequeno e outro moi grande.

En resumo os experimentos foron moi divertidos e asombrosos.

Despois, entramos nun edificio e dirixímonos unha sala chamada “Novas tecnoloxías “. Alí un home ensinounos diferentes cousas: un “drone”, a invención dos emoticonos e dos códigos de barras, como realizar (cun escáner e unha impresora en 3D) o molde do teu corpo en 3D e moitas cousas máis.

A última das actividades a desenvolvemos nunha sala do mesmo edificio onde outro home ensinounos a relación entre a ciencia e o son. Aquí observamos inventos como unha pistola de aire, unha gaiola anti-ondas de radio, como producir son cunha vara de metal...

Encantoume esta excursión porque, ademais de divertirme, aprendín moitas cousas novas.

 Lucía Jorge Cabaleiro 1 ESO

  
 
 
 
 

GALICIENCIA

 

             O mércores ás oito e vinte saímos cara Ourense, para visitar o evento científico tecnolóxico chamado Galiciencia, con motivo do “dia das ciencias”. Nos fomos a ver experimentos creados por nenos da ESO como por exemplo,  un poste no que che preguntaban se o que facían era maxia ou ciencia. Eles creaban a ilusión óptica de semellar liquido cando en realidade o material era sólido. Este experimento foi o que máis me chamou a atención, aínda que vin outros relacionados cun curioso submarino ou con goma de mascar.                                                                                                    
Outro posto interesante era un que identificaba os compoñentes de calquera alimento ou bebida, por exemplo as patatillas teñen moitas graxas de animais, moita sal e pouca pataca. As bebidas isotónicas, como o aquarius, conteñen moitos azucres e colorantes.
Os presentadores souberon captar moi ben a nosa atención a través de carteis moi ben traballados. Gustaríame o ano que ven volver a asistir porque aprendín moito.
 
YERAY MOLARES MARTÍNEZ 1º ESO
 
 

SEMANA DAS CIENCIAS POR IZZAN 1º ESO

 
         A nosa semana foi moi interesante. O que mais me gustou foi a saída que fixemos primeiro e segundo da eso, o mercores 19 o edificio das Ciencias en Ourense. Nos saímos as oito e media no autobús. Eu fun co meu compañeiro da clase Joel, e chegamos alá as once e media. Pasámolo moi ben,  mentres esperamos para ver que facíamos, almorzamos algo.
O primeiro que fixemos foi meternos nunha carpa a ver proxectos químicos. Estivemos nesa carpa cinconta minutos. Mirando, o que mais me gustou foi un que facía máxia, pero con procesos químicos. Nos non o sabíamos o que o fixo mais interesante. Un truco foron levantar un rapaz con dous dedos e outro golpear o auga pero estaba sólida.

Outros sitios foron para unha conferencia e unha actividade. Na conferencia o mais divertido foron unhas orellas de coello que cando as puñas movíanse segundo o humor. Na actividade o que mais me gustou foi o bazuka de aire. Despois volvemos falando, xogando e cantando no autobús. Foi moi divertido.
 

SEMANA DAS CIENCIAS NO BOUZA BREY 2014/2015

 
   Este ano na Semana das Ciencias non fixemos ningún experimento pero fomos a Ourense a unha feira de Ciencia. Chamábase Galiciencia. Chegamos alí sobre as nove e media da mañá e visitamos tres salas:
 A sala da tecnoloxía: alí había un profe que nos explicaba curiosidades sobre as novas tecnoloxías. Algúns compañeiros puideron realizar actividades como facer un escáner, un emoticono... 
 O salón de actos: alí xuntámonos con 4 colexios máis ou menos e un científico explicounos cousas das ondas. Fixemos unhas actividades moi divertidas e interesantes como lanzar ondas de aire, ver vibracións, ondas dun muelle, probar helio, escoitar sons aínda que algúns non os escoitabamos...
 A sala da carpa: alí había moitos experimentos feitos por alumnos doutros colexios. Había cousas moi interesantes e alucinantes.
      Foi todo moi emocionante e espero poder repetir a experiencia e algún día chegar a exponer o meu proxecto.
 
          Lourdes Pazo Formoso - 2º ESO
 

 

Semana das Ciencias

 

 
Este ano na Semana das Ciencias, primeiro e segundo da ESO, fomos a Galiciencia (Ourense)   o 19 de Novembro.
Marchamos cedo, sobre ás 8:30 e volvimos ás 14:30.

Alí, primeiro fomos a unha sala, onde un profesor nos explicou o avance das tecnoloxías.

Logo, fomos a outra sala, onde outro profesor nos explicou que eran as ondas e como se propagan, e tamén nos explicou de forma práctica como se propaga o son.

 E por último, ao saír, había unha feria tecnolóxica cos mellores inventos de toda Galicia.
 
Para min foi un día único e unha experiencia impresionante.
 
Malena Iglesias    
Colexio Bouza Brey 
2 ESO           



0 Response to "REDACCIONES"

Publicar un comentario